jueves, 26 de febrero de 2009

ESCAPADA A PORTUGAL (Y IV)




A miña irmá Rosa, coa que convivo, marchou de vacacións xunto co seu marido do 15 ó 24 actual. Xa tiñamos concertado ca irmá do medio e seu marido -Luci e Manolo- que quedaría con eles. Xa vos contarei por onde andivemos, pero agora vou terminar de contar a anterior viaxe a Portugal. Antes, un par de cousas sobre o hotel "Turismo do Minho", onde estivemos aloxados: Habitacións amplas, con terraza, e cuarto de baño adaptado para minusválido, anque debido a que non podo sentarme, non puden utilizar a bañeira , que era curta e alta, dotada dun portón pola parte frontal que permitía entrar nela sen ter que erguer os pés. Polo demáis, boa atención, limpeza e un almorzo variado e abundante.


Mi hermana Rosa, con la que convivo, marchó de vacaciones junto con su marido del 15 al 24 del presente mes. Ya teníamos concertado con otra hermana y su marido -Luci y Manolo- que quedaría con ellos. Ya os contaré por donde anduvimos, pero ahora voy terminar de contar el anterior viaje a Portugal. Antes, un par de cosas sobre el hotel "Turismo do Minho", donde estuvimos alojados: Habitaciones amplias, con terraza, y cuarto de baño adaptado para minusválidos, aunque debido a que no puedo sentarme, no pude utilizar la bañera , que era corta y alta, dotada de un portón por su parte frontal que permitía entrar en ella sin tener que levantar los piés. Por lo demás, buena atención, limpieza y un desayuno variado y abundante.



Como non funcionaba o transbordador de Caminha a A Guarda, regresamos pola Ponte d'Amizade e subimos ó monte Santa Tegra. Chuviscaba e facía frío, aparte de que alí non había nada accesible para min, polo que eu optei por non baixar do coche. O meu cuñado-que podedes ver nunha das fotos- sacou unhas fotos e foi parando para que eu vise algo dende o coche...



Como no funcionaba el transbordador de Caminha a A Guarda, regresamos por el Puente de la Amistad y subimos al monte Santa Tecla. Lloviznaba y hacía frío, aparte de que allí no había nada accesible para mi, por lo que opté por non bajar del coche. Mi cuñado -que podéis ver en una de las fotos- sacó unas fotografías y fue haciendo paradas a fin de que yo viese algo desde el coche...


Dalí fomos xantar a Arcade, e despois xa viñemos para a casa pola estrada de Pontevedra, a N-541

De allí fuimos hasta Arcade para comer, y luego ya regresamos para casa por la carretera de Pontevedra, la N-541

Fotos: Xacemento castrexo, reconstrucción de vivenda castrexa co meu cuñado na porta, e capela da Santa Tegra

No hay comentarios: