viernes, 6 de febrero de 2009

Escapada a Portugal




A estancia en Portugal foi máis unha aventura do que outra cousa: chuvia, néboa... ata nos perdemos en algún momento debido á miña incompetencia co GPS.

La estancia en Portugal fue más una aventura que otra cosa: lluvia, niebla... hasta nos perdimos en algún momento debido a mi incompetencia con el GPS.

Fomos por Tomiño, onde paramos a saudar a unha antiga amiga da miña irmá, camiño de A Guarda, onde xantamos no Paseo Marítimo -tan deserto coma os restaurantes que alí había-; como non paraba de chover, subimos ó coche e cruzamos o Miño pola ponte de Goián para ir ó hotel "Turismo do Minho", onde durmimos tres noites.

Fuimos por Tomiño, donde nos paramos a saludar a una antigua amiga de mi hermana, camino de A Guarda, en cuyo Paseo Marítimo comimos -tan desierto como los restaurantes que allí hay-; como no paraba de llover, subimos de nuevo al coche y cruzamos el Miño por el puente de Goián a fin de ir al hotel "Turismo do Minho", donde dormimos tres noches.




Despois de deixar a equipaxe na habitación, voltamos a subir ó coche e fomos un pouco á aventura. Indo en dirección a Monçao, meu cuñado viu un indicador para o Monte Faro, e seguíuno, pero logo vimos outro para "Mosteiro Sanfins", e acordamos ir a velo. Despois dun recorrido por unha estrada estreita, sempre subindo entre árbores e con choiva intermitente, chegamos onde se acababa a estrada e seguía un camiño de terra con regos feitos pola chuvia e algunha pedra descuberta. Anque xa se vía o mosteiro, eu aconsellei ó meu cuñado dar a volta, pois era un risco grande meter o coche por tal camiño. Non me fixo caso e seguíu; deseguida chegamos ó Mosteiro. Foron eles a explorar e dixeron que estaba en ruinas e que había escaleiras, polo que alargueille a miña cámara para que fixese unhas fotos antes de que se fixese noite de todo, que eu xa me contentaba con velas.

Despues de dejar el equipaje en la habitación, de nuevo subimos al coche y salimos un poco a la aventura. Cogimos dirección a Monçao, pronto vió mi cuñado un indicador para el Monte Faro, y lo siguió, pero luego vimos otro para el "Mosteiro Sanfins", y acordamos ir a verlo; despues de un recorrido por una carretera estrecha, siempre subiendo entre árboles y acompañados de la lluvia, llegamos al final de la carretera asfaltada que seguía por un camino de tierra con surcos
hechos por el agua y alguna piedra que sobresalía. En vista de esto, y a pesar de que ya se veía el monasterio, aconsejé a mi cuñado dar la vuelta, pues era un riesgo grande meter el coche por tal camino. No me hizo caso y siguió; enseguida llegamos al Monasterio. Fueron ellos a explorar y dijeron que estaba en ruinas y que había escaleras, por lo que le di mi cámara a fin de que hiciese unas fotos antes de que se hiciese noche del todo, que yo me contentaría con verlas.


Cando vin as fotos, decateime de que se trataba dunha igrexa e mosteiro románico, dunha gran beleza, e unha vez na casa busquei información sobre o mesmo en internet. O seu nome é Sanfins de Friestas. En días sucesivos contareivos algo máis das miñas andanzas por Portugal.

Cuando vi las fotos, me percaté de que se trataba de una iglesia y monasterio románico de gran belleza, y una vez en casa busqué información sobre el mismo en internet. Su nombre es Sanfins de Friestas. En días sucesivos os contaré algo más de mis andanzas por Portugal.