martes, 30 de diciembre de 2008

A situación de Gaza

Acabo de ler algunha información a maiores para poder opinar sobre o tema, pero véxoo igual de complicado. Unha visión simplista diría que dous non pelexan si ún non quere. E neste caso diríase que os dous queren, pois ún parece a mosca cojonera e o outro dedicarse a cazar moscas a golpe de canón. Pero non é fácil aguantar contínuas humillacións por parte dos usurpadores do que consideras o teu territorio, que te teñen cercado e vixiado, e que a entrada de mercadorías, incluso medicamentos e obxectos de primeira necesidade, están férreamente controlados e restrinxidos, incrementando a carestía dos mesmos e a miseria da poboación. Si a esto lle unimos que entre os palestinos hai distintas faccións, e que os xudeus están desexando desfacerse deles como sexa... Parece que están desexando que lles dean motivos para descargar a súa furia en forma de bombas e misís, dos que non están faltos. Os xudeus teñen un exército ben armado e millor entrenado; non carecen de nada, nin siquera de escrúpulos para atacar onde sexa e como millor conveña ós seus intereses...

A miña conclusión é que salvo unha pronta intervención internacional que deteña os ataques dos xudeus, os palestinos van seguir sendo masacrados, anque teñan algunha reación armada exitosa, o que non fará senón alporizar máis ós xudeus e darlles motivos para seguir machacándoos.