lunes, 4 de mayo de 2009

MUSEOS E SUXERENCIA

Así estaba eu de ben acompañado na homenaxe a dona Pilar Bouzas...

En "La Región" do pasado día 1, coa noticia da donación de cámaras e negativos de antes da guerra feita por Valentina Riesco, filla dun mestre que exerceu aquí por aquelas datas, ó Concello de Allariz, dise que este está traballando no proxecto dun museo adicado a Xosé Suárez.


En "La Región" del pasado día 1, con la noticia de la donación de cámaras y negativos de antes de la guerra hecha por Valentina Riesco, hija de un maestro que ejerció aquí por aquellas fechas, al Concello de Allariz, se dice que éste está trabajando en el proyecto de un museo dedicado a Xosé Suárez.


Alégrome moito desta nova. Fai moitos anos tiven ocasión de ver un libro con fotos tiradas por Xosé Suárez, coido lembrar que había unha serie tirada nos Andes e outra de flores no Xapón, que me impresionaron moi gratamente pola súa calidade.


Esta nueva me alegra muchísimo. Hace ya un montón de años tuve ocasión de ver un libro con fotos sacadas por José Suárez, me parece recordar que había una serie de los Andes, y otra de flores en Japón, que me impresionaron muy gratamente por su calidad.


Falando de museos, aproveito para lembrarlles ó Sr. Alcalde e corporación que habería que completar o museo do coiro co Museo do Calzado en base a que deica os anos sesenta en moitos pobos do concello e na mesma vila había obradoiros de zocas ou chancas, zapatóns de becerro... e ata sandalias e zapato fino. A partir dos anos sesenta a emigración foi baleirando os obradoiros e o campo de mao de obra e dos principais clientes deste tipo de calzado.


Hablando de museos, aprovecho para recordar al Sr. Alcalde y a su corporación que habría que completar el "Museo do Coiro" con el Museo do Calzado en base a que hasta los años sesenta en muchas aldeas del concello y en la villa había talleres de zocas o chancas, zapatones de becerro... e incluso sandalias y zapato fino. A partir de los sesenta la emigración fue vaciando los talleres y el campo de mano de obra y de los principales clientes de este tipo de calzado.