domingo, 25 de enero de 2009

Preparando unha viaxe








Foto: O que escribe con bastante máis pelo e menos anos ó lado da vella "pota", en O Pasaxe (A Guarda).






















Foto: De pe, Mini e outro compañeiro de "Fuxan os ventos", e Laura, de O Barco.
Tumbados: O meu amigo Xocas i eu ca miña primeira cadeira de rodas no colexio Virgen Milagrosa de BUEU.







A miña irmá Lucía, que vive en Burgos, danlle agora vacacións e, xunto co seu marido, ven disfrutalas comigo. Como en Vilar de Flores hai pouco en que pasalo tempo, i eu tiña ganas de ir dar unha volta por aí, i especialmente a A Guarda, collín unha habitación nun hotel, e o martes sairemos non sei si de viaxe de vacacións ou de aventuras, en vistas do tempo que fai. Para preparar a viaxe chamei a Información, no concello de A Guarda, onde me atendeu moi ben Rosalía, e deume noticias de "Pirucho"

Na década dos setenta, a Asociación "Auxilia" tivo varios anos as colonias de verán no antigo colexio dos Xesuítas, sito en O Pasaxe, a escasos 2 km de A Guarda e ó pé do río Miño. Daquela xuntabámonos xente de Lugo, Ourense e Pontevedra, polo que eran bastante numerosas. Os monitores eran rapaces e rapazas dos últimos cursos de Bacharelato, sempre rebuldeiros e animosos, que estaban dispostos a empuxar as nosas cadeiras (naquelas datas ningún tiña cadeira eléctrica) despois de axudar na cociña, facer as camas, limpar, lavar, etc.

Un ano, coido que para organizarse, xa que á hora de saír, pola tarde, non era raro que faltase algún monitor, puxeron unha pizarra no claustro para que os minusválidos que quixesen saír escribisen o seu nome e a onde querían ir. Eu, que estaba en plan rebelde (aquel ano, excepcionalmente, coido que tiñamos 3 curas) díxenlle a un monitor que puxese no encerado "BARRA AMERICANA" e, debaixo, o meu nome; deseguida, outros dous nomes apareceron xunto ó meu. O cura de Vigo tiña unha furgoneta que usaba para as compras da cociña e algún outro servizo. Un monitor pedíulle que nos levase, e dixo que el só nos levaba deica A Guarda. Saímos á media tarde, deseguida entramos nun bar, pedimos unha baralla, unhas luras fritas e unha botella de viño para facer tempo, xa que tiñamos a cea encargada. Cando nos pareceu fomos ó mesón, onde quedaramos co chófer e dono do autobús ("Pirucho") que nos levaba de excursión, un home sempre disposto a botar unha man coas cadeiras de rodas. El e a súa dona acompañáronnos na cea, e despois de rematar, despedímonos deles e aínda fomos tomar algo a unha discoteca na que estabamos invitados un día da semana, e da que só recordo que tiña un nome exótico e unha longa escalinata de acceso.

De "barra americana", nada de nada; pero os demáis compañeiros non o sabían, e máis de ún anduvo uns días facéndonos preguntas capciosas.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

A mi hermana Lucía, que vive en Burgos, le dan ahora vacaciones y, en compañía de su marido, vendrá a disfrutarlas conmigo. Como en Vilar de Flores no hay mucho con quien pasar el rato, y yo tengo ganas de ir a dar una vuelta por ahí, especialmente a A Guarda, reservé una habitación en un hotel, y el martes saldremos, no sé si de viaje de vacaciones o de aventuras, a la vista del tempo que disfrutamos. Para preparar este viaje llamé a Información, en el ayuntamiento de A Guarda, donde me atendió muy bien Rosalía, y me dió noticias de "Pirucho"

En la década de los setenta, la Asociación "Auxilia" tuvo varios años las colonias de verano en el antiguo colegio de los jesuítas, sito en O Pasaxe, a escasos 2 km de A Guarda, a orillas del río Miño. En aquella época nos juntábamos gente de Lugo, Ourense y Pontevedra, por lo que eran bastante numerosas. Los monitores eran chicos y chicas de los últimos cursos de Bachillerato, siempre bulliciosos y animosos, que estaban dispuestos a empujar nuestras sillas (en aquellas fechas ninguno de nosotros tenía silla de motor) después de ayudar en la cocina, hacer camas, limpiar, lavar, etc.

Un año, me imagino que para organizarse, ya que a la hora de salir, por la tarde, no era raro que faltase algún monitor, pusieron una pizarra en el claustro para que los minusválidos que quisieran salir escribiesen su nombre y a donde querían ir. Yo, que estaba en plan rebelde (aquel año, excepcionalmente, creo que teníamos 3 curas) le dije a un monitor que pusiera en el encerado "BARRA AMERICANA" y, debajo, mi nombre; pronto aparecieron otros dos junto al mío. El cura de Vigo tenía una furgoneta que usaba para el aprovisionamiento y algún otro servicio. Un monitor le pidió que nos llevase, y respondió que sólo nos llevaba hasta A Guarda. Salimos a media tarde, a continuación entramos en un bar, pedimos una baraja, unos calamares fritos y una botella de vino para hacer tiempo, puesto que teníamos la cena encargada. Cuando nos pareció bien fuimos al mesón, donde habíamos quedado con el chófer y dueño del autobús ("Pirucho") que nos llevaba de excursión, siempre dispuesto a echar una mano con las sillas de ruedas. El y su mujer nos acompañaron en la cena; al terminar nos despedimos de ellos y todavía fuimos tomar algo a una discoteca en la que estábamos invitados un día determinado de la semana, y de la que sólo recuerdo que tenía un nombre exótico y una larga escalinata para acceder a ella.

De "barra americana", nada de nada; pero los demás compañeros no lo sabían, y más de uno estuvo unos días haciéndonos preguntas capciosas.