domingo, 21 de junio de 2009

ALGO DE AQUÍ E DE ALÁ

















Distintas vistas do tramo xa remodelado da rúa Emilia P. Bazán



Non pensedes que andiven correndo o boi, non... O que pasa é que de cando en vez a ún éntralle a desgana, e abandona un pouco a escrita neste blog. Tampouco é que estivese inactivo de todo, pois tiña unhas declaracións da renda por facer, empezando pola miña. Agora, xa cumprida a obrigación con Facenda, retomo este blog...


A pesar de lo que podáis creer, no anduve "correndo o boi"... Lo que pasa es que de cuando en vez a uno le entra la desgana, y abandona un poco la escritura en este blog. Tampoco es que estuviese del todo inactivo, pues tenía unas declaraciones de la renta por hacer, empezando por la mía. Ahora, ya cumplida la obligación con Hacienda, retomo este blog...


Resulta que en contra do que eu coidaba, o químico alaricano premiado este ano pola Real Sociedade Española de Química sí leo o meu blog, é máis, tivo a cortesía de escribirme unha carta con ese motivo. Esa carta e a da miña resposta, entre outras cousas, serviunos para recordar ó seu pai e a inmensa ledicia que el tería co premio do seu fillo. Grazas e ánimo para seguir investigando.


Resulta que en contra de lo que yo creía, el químico alaricano premiado este año por la Real Sociedad Española de Química sí leyó mi blog, es más, tuvo la delicadeza de escribirme una carta con ese motivo. Esa carta y mi respuesta a la misma, nos sirvió, entre otras cosas, para recordar a su padre y la inmensa alegría que tendría con el premio de su hijo. Gracias y ánimo para seguir investigando.


Un día da "Festa do Boi" tiven unha charla informal co Sr. Alcalde con sendos vasos de cervexa por medio no Fogar dos Maiores. Comentamos a obra aínda non finalizada da rúa Emilia P. Bazán, que está quedando moi ben, con bandas de distinta textura nas beirarrúas para sinalizar as boca rúas e os pasos peonís elevados. Está ilusionado ca próxima inauguración da Casa da Xuventude e co proxecto para xardíns na beira dereita do río, a continuación de A Granxa.


Un día de la "Festa do Boi" tuve una charla informal con el Sr. Alcalde con sendos vasos de cerveza por medio en el "Fogar dos Maiores". Comentamos la obra aún no finalizada de la calle Emilia P. Bazán, que está quedando muy bien, con bandas de distinta textura en las aceras para señalizar las boca calles y los pasos peatonales elevados. Está ilusionado con la próxima inauguración de la "Casa da Xuventude" y con el proyecto para jardines en la orilla derecha del río, a continuación de A Granxa.

No hay comentarios: