Unha mañá estendeuse a nova de que na curva de Desder, nas lindes entre Allariz e Xunqueira de Ambía, apareceran tres cadavres cumprindo as promesas ou amenazas dun temido falanxista que en máis dunha ocasión prometera ós de Requeixo "calquera día tráiovos carne fresca". A xente correu cara alá; a maioría voltaba para as súas casas coa cabeza gacha, espantados, comentando que do pescozo dun deles colgaba un escapulario... O cura de Requeixo mandou recollelos e tívolles o enterro. Coido que no libro-rexistro da parroquia deixaría algunha anotación ó respecto.
O que antecede eran parte dos recordos que tiña a miña nai do tempo da guerra. Tamén
me contaba que en Xunqueira había un home destacado que chegou a Alcalde, e logo
que estalou a guerra, foi detido por ser de esquerdas ou nazonalista, e fusilado.
Contaba que se chamaba Aníbal Lamas, e que era moi valente. Cando estaba diante do
pelotón negouse a que lle vendasen os ollos, xa que quería ver de frente a quen lle
disparaba. Como derradeira gracia pedíu que lle deixasen fumar o último cigarro, e
cando ía polo medio, deulle unha longa calada, tirouno ó chan, e, "¡disparade, covardes!", berrou.
No libro "Arraianos", de Méndez Ferrín, hai un conto, "O militante fantasía", no que se lembra iste mesmo episodio da incivil guerra.
Non quero pensar que iste é o trato que don Manuel desexaría para os nazonalistas. Tampouco entendo que os contrapoña á defensa de España.
sábado, 13 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario