miércoles, 10 de septiembre de 2008

PRESENTACION


Coido que antes de nada terei que presentarme: Chámome Camilo Conde Cid, nacín fai 64 anos en Vilar de Flores, a 3 km de Allariz (Ourense), e cando tiña 9 anos pegou comigo a Artrite Reumatoide; parecía unha broma pero deixoume as articulacións desfeitas: ríxidas e deformadas. Agora estou pulsando as técolas cun boli…

Aínda así, e anque teño momentos baixos, sempre procurei ver a botella medio chea…

Sempre me gustou ler, aparte de que non tiña outra cousa en que pasar o tempo, así que os veciños que tiñan algún libro, prestábanmo, i eu lía todo, dende vidas de santos ó “Decamerón”. As veces estudiaba algo nunha enciclopedia, pero logo me cansaba. Un día foime ver unha mestra de Allariz, faloume do Bacharelato radiofónico, e levoume revistas cos textos das leccións; empecei a seguilo, logo suscribinme e seguía os cursos, ata que un día comunicáronme que ó non matricularme e acudir ós exames, non me podían mandar os textos das leccións.

Un dia, xa na década dos 80, prantexeime estudiar “en serio”. Comuniqueillo a “Auxilia”, mandáronme os textos das distintas asignaturas, e fun ós exames de primaria para maiores de 16 anos. Na obligada entrevista animáronme a facer o exame de acceso á universidade para maiores de 25 anos, matriculeime na UNED, fixen o curso correspondente, e alá fun a Pontevedra ós exames con Xosé Lois, “O Bancario”, e con César Cuña de monitor…

(Seguirá…)

4 comentarios:

Suárez dijo...

Felicidades, Camilo, pela sua coragem e determinação! Acompanharei seu blog com carinho e amizade,
Manola Suárez

Camilo dijo...

Graciñas, Manola

vivirfeliz dijo...

ALEGROME QUE DECIDIRAS POR EN MARCHA O BLOG. GUSTAME MOITO O TITULO. POIS PENSO QUE TODO, SON DESBARRES.
A HOMENAXE A ISE GRAN SER HUMANO. ESTA BEN FACELA. IL FIXO O QUE TIÑA QUE FACER NA SUA VIAXE POLA VIDA. E MARCHUO. TODO ESTA BEN. O SOL SAE CADA DIA.
GRACIAS CAMILO.

Camilo dijo...

Gracias a ti, Manolo, polas tuas palabras. Certamente, Recaredo cumplíu facendo o seu labor. Que el nos axude e sirva de exemplo.