domingo, 21 de junio de 2009

ALGO DE AQUÍ E DE ALÁ

















Distintas vistas do tramo xa remodelado da rúa Emilia P. Bazán



Non pensedes que andiven correndo o boi, non... O que pasa é que de cando en vez a ún éntralle a desgana, e abandona un pouco a escrita neste blog. Tampouco é que estivese inactivo de todo, pois tiña unhas declaracións da renda por facer, empezando pola miña. Agora, xa cumprida a obrigación con Facenda, retomo este blog...


A pesar de lo que podáis creer, no anduve "correndo o boi"... Lo que pasa es que de cuando en vez a uno le entra la desgana, y abandona un poco la escritura en este blog. Tampoco es que estuviese del todo inactivo, pues tenía unas declaraciones de la renta por hacer, empezando por la mía. Ahora, ya cumplida la obligación con Hacienda, retomo este blog...


Resulta que en contra do que eu coidaba, o químico alaricano premiado este ano pola Real Sociedade Española de Química sí leo o meu blog, é máis, tivo a cortesía de escribirme unha carta con ese motivo. Esa carta e a da miña resposta, entre outras cousas, serviunos para recordar ó seu pai e a inmensa ledicia que el tería co premio do seu fillo. Grazas e ánimo para seguir investigando.


Resulta que en contra de lo que yo creía, el químico alaricano premiado este año por la Real Sociedad Española de Química sí leyó mi blog, es más, tuvo la delicadeza de escribirme una carta con ese motivo. Esa carta y mi respuesta a la misma, nos sirvió, entre otras cosas, para recordar a su padre y la inmensa alegría que tendría con el premio de su hijo. Gracias y ánimo para seguir investigando.


Un día da "Festa do Boi" tiven unha charla informal co Sr. Alcalde con sendos vasos de cervexa por medio no Fogar dos Maiores. Comentamos a obra aínda non finalizada da rúa Emilia P. Bazán, que está quedando moi ben, con bandas de distinta textura nas beirarrúas para sinalizar as boca rúas e os pasos peonís elevados. Está ilusionado ca próxima inauguración da Casa da Xuventude e co proxecto para xardíns na beira dereita do río, a continuación de A Granxa.


Un día de la "Festa do Boi" tuve una charla informal con el Sr. Alcalde con sendos vasos de cerveza por medio en el "Fogar dos Maiores". Comentamos la obra aún no finalizada de la calle Emilia P. Bazán, que está quedando muy bien, con bandas de distinta textura en las aceras para señalizar las boca calles y los pasos peatonales elevados. Está ilusionado con la próxima inauguración de la "Casa da Xuventude" y con el proyecto para jardines en la orilla derecha del río, a continuación de A Granxa.

sábado, 30 de mayo de 2009

RECLAMACION RESOLTA?

O 19 de marzo daba conta neste blog que fixera unha reclamación a Vodafone por unha chamada feita desde Portugal, e que a operadora considerou improcedente...


El 19 de marzo daba cuenta en este blog que había hecho una reclamación a Vodafone por una llamada que hice desde Portugal, y que la operadora consideró improcedente...


Na publicidade di: "Con Vodafone Passport, habla en el extranjero como si estuvieras en España más 0.99€"... Resulta que unha chamada que eu aquí pagaría a 0,03€ o minuto cobráronma a 0,19€/min. Cando reclamei, contestáronme que esa tarifa é do 101, co que non se pode chamar desde o extranxeiro, que hai que usar o número "largo". Entón respondinlles que na hora en que chamei, a calquera número que sexa, pagaría en España 0,34€ + IVA pola chamada, xa que tiña a tarifa 60 x 1 A Todos, ó que habería que sumar 0,99, i eles facturábanme 2,46 +IVA. Outra vez me dixeron que non se podían aplicar tarifas reducidas e que estaba ben cobrado. De novo lles respondín que eso non se corresponde co que publicitan, o que é publicidade enganosa, e que iba a pórme en contacto coa OCU... así o fixen, e fai un par de días recibín por correo ordinario unha factura rectificativa mediante a que me devolven o que me cobraban de máis.


Su publicidad dice: "Con Vodafone Passport, habla en el extranjero como si estuvieras en España más 0.99€"... Resulta que una llamada que yo aquí pagaría a 0,03€ el minuto me la cobraron a 0,19€/min. Cuando reclamé, me contestaron que esa tarifa es del 101, con el que no se puede llamar desde el extranjero, que hay que usar el número "largo". Mi respuesta fue que en la hora en que llamé, a cualquier número que fuese, en España pagaría 0,34€ + IVA por la llamada, ya que tengo la tarifa 60 x 1 A Todos, a lo que habría que sumar 0,99€, y ellos me facturaban 2,46 +IVA. Otra vez me dijeron que no se podían aplicar tarifas reducidas y que estaba bien cobrado. De nuevo les respondí que eso no se corresponde con lo que publicitan, lo que es publicidad engañosa, y que iba a ponerme en contacto con la OCU... así lo hice, y hace un par de días recibí por correo ordinario una factura rectificativa mediante la que me devuelven lo que me habían cobrado en demasía.


Que a diferenza non cubre os gastos do correo e que non valía a pena reclamar...? Xa... pero houbese quedado a disgusto comigo mesmo sabendo que me había deixado enganar. Espero que a OCU lles esixa modificar a publicidade... ou que cobren con arreglo á mesma.


¿Que la diferencia no cubre los gastos del correo y que no valía la pena reclamar...? Ya... pero me habría quedado con mal sabor sabiendo que me había dejado engañar. Espero que la OCU les exija modificar la publicidad... o que cobren con arreglo a la misma.

martes, 19 de mayo de 2009

NORABOA!!!

Fai días deron na prensa a nova de que a Real Sociedade Española de Química outorgou o seu premio Nacional de Química Orgánica deste ano ó catedrático alaricano José Luis Mascareñas Cid polo seu labor investigador. Para darnos conta da importancia deste galardón, seica o último químico galego premiado pola RSEQ foi en 1985, na persona do profesor don Luis Castedo, que o foi do agora premiado.


Hace pocos días se publicó en la prensa la noticia de que la Real Sociedad Española de Química otorgó su premio Nacional de Química Orgánica de este año al catedrático alaricano José Luis Mascareñas Cid por su labor investigadora. Para darnos cuenta de la importancia deste galardón, el último químico gallego premiado por la RSEQ fue en 1985, en la persona del profesor don Luis Castedo, que lo fue del ahora premiado.


Poucas veces teño tido ocasión de intercambiar unhas verbas co homenaxeado, pero sí tiven o gusto de disfrutar varias veces da moi grata compañía do seu pai, xa falecido, na cafetería "A Fábrica", onde algunha vez me puxo ó tanto da labor investigadora do seu fillo en EEUU e da súa ilusión por traballar na Universidade de Santiago.


Pocas veces he tenido ocasión de intercambiar unas palabras con el homenajeado, pero sí tuve el gusto de disfrutar varias veces de la muy grata compañía de su padre, ya fallecido, en la cafetería "A Fábrica", donde alguna vez me habló de la labor investigadora de su hijo en EEUU y de su ilusión por trabajar en la Universidad de Santiago.


Alégrome moito de que se lle recoñeza o seu traballo, e dou a miña máis sincera noraboa a José Luis (anque el non lea este blog) e á súa nai, coa que xa falei. E un honor e un orgullo para el, para a familia e para toda Allariz que lle fose outorgada tal distinción.


Mucho me alegro de que se le reconozca su trabajo, y doy mi más sincera enhorabuena a José Luis (aunque él no lea este blog) y a su madre, con la que ya hablé. Es un honor y un orgullo para él, para su familia y para toda Allariz que le fuese otorgada tal distinción.

lunes, 4 de mayo de 2009

MUSEOS E SUXERENCIA

Así estaba eu de ben acompañado na homenaxe a dona Pilar Bouzas...

En "La Región" do pasado día 1, coa noticia da donación de cámaras e negativos de antes da guerra feita por Valentina Riesco, filla dun mestre que exerceu aquí por aquelas datas, ó Concello de Allariz, dise que este está traballando no proxecto dun museo adicado a Xosé Suárez.


En "La Región" del pasado día 1, con la noticia de la donación de cámaras y negativos de antes de la guerra hecha por Valentina Riesco, hija de un maestro que ejerció aquí por aquellas fechas, al Concello de Allariz, se dice que éste está trabajando en el proyecto de un museo dedicado a Xosé Suárez.


Alégrome moito desta nova. Fai moitos anos tiven ocasión de ver un libro con fotos tiradas por Xosé Suárez, coido lembrar que había unha serie tirada nos Andes e outra de flores no Xapón, que me impresionaron moi gratamente pola súa calidade.


Esta nueva me alegra muchísimo. Hace ya un montón de años tuve ocasión de ver un libro con fotos sacadas por José Suárez, me parece recordar que había una serie de los Andes, y otra de flores en Japón, que me impresionaron muy gratamente por su calidad.


Falando de museos, aproveito para lembrarlles ó Sr. Alcalde e corporación que habería que completar o museo do coiro co Museo do Calzado en base a que deica os anos sesenta en moitos pobos do concello e na mesma vila había obradoiros de zocas ou chancas, zapatóns de becerro... e ata sandalias e zapato fino. A partir dos anos sesenta a emigración foi baleirando os obradoiros e o campo de mao de obra e dos principais clientes deste tipo de calzado.


Hablando de museos, aprovecho para recordar al Sr. Alcalde y a su corporación que habría que completar el "Museo do Coiro" con el Museo do Calzado en base a que hasta los años sesenta en muchas aldeas del concello y en la villa había talleres de zocas o chancas, zapatones de becerro... e incluso sandalias y zapato fino. A partir de los sesenta la emigración fue vaciando los talleres y el campo de mano de obra y de los principales clientes de este tipo de calzado.

martes, 28 de abril de 2009

A Galicia ideal


Fai uns días -coido que o 22- puxen na 2 de TVE a eso das catro menos cuarto. Vin uns ciclistas que corrían por unha paisaxe de postal: primeiro, unha zona arbolada de frondosas, e despois, lameiros e máis lameiros verdiños desfilaban diante de min, sin que se vise un toxo ou unha silva... Era coma unha paisaxe pintada, coma un cadro.


Hace unos días -creo que el 22- puse la 2 de TVE a eso de las cuatro menos cuarto. Vi unos ciclistas que corrían por un paisaje de postal: primero, una zona arbolada de frondosas, y después, prados y más prados de un verde intenso desfilaban delante de mi, sin que se viese un tojo o una silva... Era como un paisaje pintado, como un cuadro.


Como non son afeccionado ó ciclismo, coidei que a paisaxe pertencería ó norte de España ou Portugal, ata pensei que era a paisaxe ideal de Galiza, pero non, non se trataba nin de España nin de Portugal. A paisaxe pertencía a Bélxica...


Como no soy aficionado al ciclsmo, creí que este paisaje pertenecería al norte de España o a Portugal, hasta me vino a la mente que era el paisaje de la Galicia ideal, pero no, no se trataba ni de España ni de Portugal. El paisaje pertenecía a Bélgica...


Por que en Galiza está a maioría do terreo a ermo, criando silvas, toxos, piornos e canta maleza quere saír...? Porriba de non sacarlle proveito ningún a este capital, toda esa maleza é foco e alcahueta dos incendios que asolan o país un ano sí e outro tamén. Por que noutros lados o bosque e os lameiros, en fin, o terreo está cuidado e, en cambio, aquí está abandonado...?


¿Por qué en Galicia está la mayor parte del terreno yermo, criando silvas, tojos, piornos y cuanta maleza quiere salir...? Encima de no sacarle provecho alguno a este capital, toda esa maleza es foco y alcahueta de los incendios que asolan un año sí y otro también a nuestra tierra. ¿Por qué en otros paises el bosque y los prados, en fin, el terreno agrario está cuidado y, en cambio, aquí está abandonado...?


Eu coido que o motivo principal é a falla de rendibilidade do traballo no agro, xa que se fose rendible non quedaría abandonado. Outro motivo importante pode ser o abandono en que o teñen os nosos gobernantes. Cónstame que o anterior conselleiro de Medio Rural, Sr Suárez Canal, adicoulle tempo e ganas para virar este estado de cousas, pero unha lexislatura non é suficiente para remontar o abandono de tantos anos. Esperemos que polo menos os seus sucesores sigan adiante co Banco de Terras, unha brillante idea posta en marcha polo noso paisano.


Yo creo que el motivo principal es la falta de rentabilidad del trabajo agrícola, ya que si fuese rentable no quedaría abandonado. Otro motivo importante puede ser el abandono en que lo tienen nuestros gobernantes. El anterior consejero de Medio Rural, Sr Suárez Canal, le dedicó tiempo y ganas a fin de cambiar este estado de cosas, pero una legislatura no es suficiente para remontar el abandono de tantos años. Esperemos que al menos sus sucesores sigan adelante con el Banco de Tierras, una brillante idea puesta en marcha por nuestro paisano.

martes, 14 de abril de 2009

CAN SEN DONO




Fai semanas que este cadelo anda perdido pola zona de "Lama de Mouro" - "O Fuxón", da vila alaricana. Como se vía cheíño de fame, un día a miña irmá púxolle de comer, e, dende entón, como colle ben entre os balaustres da cancela, xa non abandonou os arredores da casa...

Si alguén o recoñece como seu, ou ten interés en quedarse con el, pode chamar ó 988440980.


Desde hace varias semanas este perrito anda perdido por la zona de "Lama de Mouro" - "O Fuxón", de la villa alaricana. Como se veía famélico, un día mi hermana le echó de comer, y desde entonces, como pasa perfectamente entre los balaustres de la cancilla, ya no abandonó los alrededores de la casa...
Si alguien lo reconoce como suyo, o tiene interés en adoptarlo, puede llamar al 988440980.


sábado, 11 de abril de 2009

GRAZAS, ALCALDE




Xusto onde está ese coche, ó lado da cabina telefónica, estaba o rebaixe que me traía a mal traer.
Justo donde está ese coche, al lado de la cabina telefónica estaba el rebaje que me traía a mal traer


Dende fai meses os "Hermanos Carrajo" están levantando as vellas e a cachos impracticables beirarrúas da rúa Emilia P. Bazán (antiga estrada N525, que iba bordeando o casco vello da vila polo sureste), e facendo outras novas, o que ademáis é aproveitado para cambiar as tubaxes da auga e desaugues que non daban abasto co medre da edificación dos últimos anos. Hai que dicir que as novas beirarrúas quedan moi ben, especialmente para os que nos desprazamos en cadeira de rodas.



Desde hace meses los "Hermanos Carrajo" están levantando las viejas e a trozos impracticables aceras de la calle Emilia P. Bazán (antigua carretera N525, que iba bordeando el casco viejo de la villa por el sureste), y haciendo otras nuevas, lo que además es aprovechado para cambiar las tuberías del agua y desagües que no daban abasto debido al crecimiento de la edificación de los últimos años. Hay que decir que las nuevas aceras quedan muy bien, especialmente para los que nos desplazamos en silla de ruedas.




Unha das primeiras obras que fixo o BNG neste concello cando acadou a alcaldía, vai para 20 anos, foi anchear a ponte de san Isidro (feita ó mesmo tempo ca N525 para cruzar o Arnoia) facéndoa "voar" coma metro e medio a cada lado, o que foi aproveitado para dotala dunhas boas beirarrúas... E certo que se esqueceron dos rebaixes para que puidesen usalas os que coma eu que o digo non levantamos o cú do asento, e que había certos problemas "técnicos", pero ó final os técnicos do Concello solucionaron moi ben as dificultades, facendo os rebaixes na beirarrúa do lado norte. Mais sempre aparece un "pero", e, neste caso, era que o rebaixe no lado do pobo quedaba dentro da plazoleta adxunta á antiga praza de abastos, e entre os coches que alí aparcan sempre había algún que se plantaba diante do rebaixe, e claro, tiña que dar volta e meterme pola estrada. Máis dun día chamei á Policía Local, que viña alí, buscaban ó dono do coche... pero ó día seguinte volvía haber un coche no rebaixe polo que desistín de chamar e atravesaba a ponte pola calzada. Estaba agardando a que rematase a obra das beirarrúas para pedir ó Concello a solución para este meu problema, xa que paso por aí con bastante frecuencia, pero non fixo falta, xa que recentemente enlazaron a beirarrúas da ponte ca do pobo "pechando" a plazoleta da praza de abastos.




Una de las primeras obras que hizo el BNG en este ayuntamiento cuando accedió a la alcaldía, va para 20 anos, fue ensanchar el puente de san Isidro (construida al tiempo que la N525 para cruzar el Arnoia) haciendo que "volase" como metro y medio a cada lado, lo que fue aprovechado para dotarla de unas buenas aceras... Es verdad que se olvidaron de los rebajes para que pudiesen usarlas quienes como yo que lo digo no levantamos el culo del asiento, y que había ciertos problemas "técnicos", pero al final los técnicos del Ayuntamiento solucionaron muy bien las dificultades, haciendo los rebajes en la acera del lado norte. Mas siempre aparece un "pero", y, en este caso, era que el rebaje del lado del pueblo se metía dentro de la plazoleta de la antigua plaza de abastos, y entre los coches que allí aparcan siempre había alguno que se plantaba delante del rebaje, y, claro, tenía que dar vuelta y meterme por la calzada. Más de un día llamé a la Policía Local, que se acercaba hasta allí, buscaba al dueño del coche... pero al día siguiente volvía a haber un coche en el rebaje por lo que desistí de llamar y atravesaba el puente por la calzada. Estaba aguardando a que rematase la obra de las aceras para pedir al Ayuntamiento la solución para este problema, ya que paso por ahí con bastante frecuencia, pero no hizo falta, ya que recientemente enlazaron la acera del puente con la del pueblo "cerrando" la plazoleta de la plaza de abastos.