martes, 14 de abril de 2009
CAN SEN DONO
Fai semanas que este cadelo anda perdido pola zona de "Lama de Mouro" - "O Fuxón", da vila alaricana. Como se vía cheíño de fame, un día a miña irmá púxolle de comer, e, dende entón, como colle ben entre os balaustres da cancela, xa non abandonou os arredores da casa...
Si alguén o recoñece como seu, ou ten interés en quedarse con el, pode chamar ó 988440980.
Desde hace varias semanas este perrito anda perdido por la zona de "Lama de Mouro" - "O Fuxón", de la villa alaricana. Como se veía famélico, un día mi hermana le echó de comer, y desde entonces, como pasa perfectamente entre los balaustres de la cancilla, ya no abandonó los alrededores de la casa...
Si alguien lo reconoce como suyo, o tiene interés en adoptarlo, puede llamar al 988440980.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Oia! D. Camilo, o único que ten a denominación de orixe "can sen dono", son eu, o fillo da Peregrina, que para eso mo chamou cando me rifaba dende a máis tenra idade. Así que, póñalle nome ése cadelo que o sen dono xa está collido.
Disculpe vostede, D. Tristán, por ser eu descoñecedor de que a súa ilustre nai lle había adxudicado a triste (de aí lle ven o de Tristán?)condición de can sen dono. Vaia vostede a saber por que...
O cadelo está aquí como se fose a súa casa, e moi millorado; até ten dous nomes a falta dun.
Esperamos sen moita esperanza que lle apareza o dono para facerse cargo del... e dos gastos de mantención, gardería e desparasitación.
Pedíndolle disculpas unha vez máis, aproveito para saudalo moi atentamente, saúdos que fago extensivos á súa victoriosa dona.
Publicar un comentario