viernes, 16 de enero de 2009

A "MICA"





Temos tres gatos, pero a máis vella, a "Mica", é a preferida; quedou orfa con poucos días, tan poucos que aínda non abría os ollos cando nola deu o veciño. Criouna a miña irmá a biberón. A inmensa maioría do tempo está dentro da casa, que considera o seu territorio, e si calquera dos outros gatos -unha filla dela e un neto- se atreven a pasar a porta, deseguida os escorrenta.

E unha grande cazadora de ratos, paxaros -algunha vez vímola loitando cunha pega-, musarañas... pero o que non sabiamos é que ata se atreve cas ratas: fai uns días saía o meu sobriño ó romper o día para ir ó traballo, e víuna como mataba e a continuación comía unha rata, como acostuma a facer, pois gusta de comer o que caza. Como proba, eí tendes unha foto que lle sacou co móbil.

A paciencia é un dos atributos que a "Mica" ten en grado superlativo: cando quere entrar a un sitio, e atópase ca porta pechada, non miaña, senón que agarda alí até que alguén teña que pasar e abra a porta; ás veces, se ten présa por saír da casa, rasca nunha alfombra ou nun moble, pois sabe que entón bótana fóra.

No hay comentarios: