miércoles, 12 de agosto de 2009

"COLONIAS"


Foto sacada á saída da cena o día 29.


A asociación "Aixiña" ten unha residencia de "colonias" en Sanxenxo (Pontevedra), i eu acabo de estar alá no turno do 20 ó 30 de xullo xunto con outra ducia e media de
personas.



La asociación "Aixiña" tiene una residencia de "colonias" en Sanxenxo (Pontevedra), y yo acabo de estar allí en el turno del 20 al 30 de julio junto con otra docena y media de personas.



Durante a cena de despedida.


Outra foto da mesma cena.


Eu sei de compañeir@s minusválid@s que non queren ir alá porque o teñen moi visto. E certo que si non eres de praia telo un chisco máis difícil para encher o tempo de lecer, e aínda máis agora que nos deixaron sen sá de estar -en trámite de solución-, pero aparte das socorridas terrazas quédanos redescubrir o povo, enterarnos das exposicións ou sitios dinos de visitar que sexan accesibles para as nosas minusvalías, e ir por alí; buscar un sitio tranquilo e agradable, que os hai, levar un libro ou un pasatempo, e deixar que corra... o tempo...



Yo sé de compañer@s minusválid@s que no quieren ir allá porque aquello lo tienen muy visto. Es verdad que si no eres de playa lo tienes un poco más difícil para llenar el tempo de descanso, y más aún ahora que nos dejaron sin sala de estar -en trámite de solución-, pero aparte de las socorridas terrazas nos queda redescubrir el pueblo, enterarnos de exposiciones o sitios dignos de visitar que sean accesibles para nuestras minusvalías, e ir por allí; buscar un sitio tranquilo y agradable, que los hay, llevar un libro o un pasatiempo, y dejar que corra... el tiempo...



Dous "intrusos" -Casimiro, e á sua dereita Camilo, o autor deste blog- na praia de Silgar.

viernes, 7 de agosto de 2009

REGRESO DE BURGOS


Palacio de los marqueses de Aguilar, en la Plaza Mayor, en aparente estado de abandono.



Manolo e Luci rodeados das suas fillas Lara e Coral; o Paco está comigo, á fronte. Foto sacada no restaurante onde xantamos, en El Entrego.


Colegiata de S. Miguel, en la Plaza Mayor de Aguilar.



O 17 de xullo, venres, saímos de Burgos para Asturias. Paramos a xantar en Aguilar de Campóo e seguimos para Xixón, onde vive Paco, fillo de miña irmá Luci, o que xa nos agardaba para tomar unhas "sidrinas" e dar unha volta pola praia e zona onde estaban ca Semana Negra, que aproveitamos para ver unha exposición de fotoperiodismo. Paco é aficionado á pesca submarina, e invitounos a cenar productos do mar sacados por el, algo delicioso.


El 17 de julio, viernes, salimos de Burgos para Asturias. Hicimos un alto para comer en Aguilar de Campóo y seguimos para Gijón, donde vive Paco, hijo de mi hermana Luci, el cual ya nos aguardaba para tomar unas "sidrinas" y dar una vuelta por la playa y zona donde estaban con la Semana Negra, que aprovechamos para ver una exposición de fotoperiodismo. Paco es aficionado a la pesca submarina, y nos invitó a cenar productos del mar sacados por él, algo delicioso.


O sábado levounos a ver o "Museo de la Minería y de la Industria", en El Entrego, algo dino de ver con máis calma. Xantamos a menos de un quilómetro, e pola tarde levounos a ver Oviedo dende o alto do Naranco.

El sábado nos llevó a ver el "Museo de la Minería y de la Industria", en El Entrego, algo digno de ver con más calma. Comimos a menos de un quilómetro de allí, y por la tarde nos llevó a ver Oviedo desde lo alto del Naranco.


O domingo pola mañá saímos por Vegadeo cara Allariz, onde nos agardaban para xantar, pois o luns, 20, ás nove e media, saía con "Aixiña" para Sanxenxo.


El domingo por la mañana salimos por Vegadeo hacia Allariz, donde nos aguardaban para comer, pues el lunes, 20, a las nueve y media, tenía que estar en la sede de "Aixiña" para ir a Sanxenxo.

lunes, 13 de julio de 2009

VIAXE AO PAIS BASCO


O martes, 7, levoume o meu cuñado a dar unha volta polo País Vasco. Estivemos no Santuario de Urkiola, que ten unha distribución rara: o altar non está frente á entrada principal, e logo, no lado oposto ó altar, hai un plano ou estrado inclinadoe escalonado cunha mesiña no centro e uns micrófonos. Eso é o que me pareceu a min... Seguimos viaxe por Gernika, onde demos unha volta polo pobo, sen esquecernos de ver a árvore famosa, e paramos a comer en Bermeo.

El martes, 7, me llevó mi cuñado a dar una vuelta por el País Vasco. Estuvimos en el Santuario de Urkiola, que tiene una distribución rara: el altar no está frente a la entrada principal, y luego, en el lado opuesto al altar, hay un plano o estrado inclinadoy escalonado con una mesita en el centro y unos micrófonos. Eso es lo que me pareció a mi... Seguimos viaje por Gernika, donde dimos una vuelta por el pueblo, sin olvidarnos de ver el famoso árbol y subir hasta Lumo. Seguimos hasta Bermeo, donde nos paramos a comer.

Despois de xantar fomos ver o cabo Machichaco, e, de volta xa, paramos na basílica de Lekeitio, onde nos atopamos cun home que se brindou a sacarnos unha foto e a ensinarnos o máis destacado da mesma: os retablos do altar maior (unha preciosidade gótico-flamenca de comezos do século XVI) e o do de Nosa Señora da Antiga. O pequeno museo parroquial e un cristo traído de México feito de millo e que só pesa uns 7 kg.a pesar de ser dunha talla máis ben alta. Daquí fomos a Mallabia para ver a uns parentes e xa voltamos para Burgos. A impresión que saquei do meu recorrido polo País Vasco é a de que ten moita montaña, que chove a miúdo xa que hai unha vexetación luxuriosa, superverde, e de que a crisis económica estase facendo notar...

Despues de comer fuimos a ver el cabo Machichaco, y, de vuelta ya, nos detuvimos en la basílica de Lekeitio, donde se nos acercó un hombre que se brindó a sacarnos una foto y a enseñarnos lo más destacado de la misma: los retablos del altar mayor (una preciosidad gótico-flamenca de principios del siglo XVI) y el de Nuestra Señora de la Antigua. O pequeno museo parroquial y un cristo traído de México hecho de maíz y que sólo pesa unos 7 kg.a pesar de ser de una talla más bien alta. De aquí fuimos a Mallabia para ver a unos parientes y ya regresamos para Burgos. La impresión que saqué de mi recorrido por el País Vasco es de que tiene mucha montaña, que llueve a menudo ya que hay una vegetación lujuriosa, superverde, y de que la crisis económica se está haciendo notar...

domingo, 21 de junio de 2009

ALGO DE AQUÍ E DE ALÁ

















Distintas vistas do tramo xa remodelado da rúa Emilia P. Bazán



Non pensedes que andiven correndo o boi, non... O que pasa é que de cando en vez a ún éntralle a desgana, e abandona un pouco a escrita neste blog. Tampouco é que estivese inactivo de todo, pois tiña unhas declaracións da renda por facer, empezando pola miña. Agora, xa cumprida a obrigación con Facenda, retomo este blog...


A pesar de lo que podáis creer, no anduve "correndo o boi"... Lo que pasa es que de cuando en vez a uno le entra la desgana, y abandona un poco la escritura en este blog. Tampoco es que estuviese del todo inactivo, pues tenía unas declaraciones de la renta por hacer, empezando por la mía. Ahora, ya cumplida la obligación con Hacienda, retomo este blog...


Resulta que en contra do que eu coidaba, o químico alaricano premiado este ano pola Real Sociedade Española de Química sí leo o meu blog, é máis, tivo a cortesía de escribirme unha carta con ese motivo. Esa carta e a da miña resposta, entre outras cousas, serviunos para recordar ó seu pai e a inmensa ledicia que el tería co premio do seu fillo. Grazas e ánimo para seguir investigando.


Resulta que en contra de lo que yo creía, el químico alaricano premiado este año por la Real Sociedad Española de Química sí leyó mi blog, es más, tuvo la delicadeza de escribirme una carta con ese motivo. Esa carta y mi respuesta a la misma, nos sirvió, entre otras cosas, para recordar a su padre y la inmensa alegría que tendría con el premio de su hijo. Gracias y ánimo para seguir investigando.


Un día da "Festa do Boi" tiven unha charla informal co Sr. Alcalde con sendos vasos de cervexa por medio no Fogar dos Maiores. Comentamos a obra aínda non finalizada da rúa Emilia P. Bazán, que está quedando moi ben, con bandas de distinta textura nas beirarrúas para sinalizar as boca rúas e os pasos peonís elevados. Está ilusionado ca próxima inauguración da Casa da Xuventude e co proxecto para xardíns na beira dereita do río, a continuación de A Granxa.


Un día de la "Festa do Boi" tuve una charla informal con el Sr. Alcalde con sendos vasos de cerveza por medio en el "Fogar dos Maiores". Comentamos la obra aún no finalizada de la calle Emilia P. Bazán, que está quedando muy bien, con bandas de distinta textura en las aceras para señalizar las boca calles y los pasos peatonales elevados. Está ilusionado con la próxima inauguración de la "Casa da Xuventude" y con el proyecto para jardines en la orilla derecha del río, a continuación de A Granxa.

sábado, 30 de mayo de 2009

RECLAMACION RESOLTA?

O 19 de marzo daba conta neste blog que fixera unha reclamación a Vodafone por unha chamada feita desde Portugal, e que a operadora considerou improcedente...


El 19 de marzo daba cuenta en este blog que había hecho una reclamación a Vodafone por una llamada que hice desde Portugal, y que la operadora consideró improcedente...


Na publicidade di: "Con Vodafone Passport, habla en el extranjero como si estuvieras en España más 0.99€"... Resulta que unha chamada que eu aquí pagaría a 0,03€ o minuto cobráronma a 0,19€/min. Cando reclamei, contestáronme que esa tarifa é do 101, co que non se pode chamar desde o extranxeiro, que hai que usar o número "largo". Entón respondinlles que na hora en que chamei, a calquera número que sexa, pagaría en España 0,34€ + IVA pola chamada, xa que tiña a tarifa 60 x 1 A Todos, ó que habería que sumar 0,99, i eles facturábanme 2,46 +IVA. Outra vez me dixeron que non se podían aplicar tarifas reducidas e que estaba ben cobrado. De novo lles respondín que eso non se corresponde co que publicitan, o que é publicidade enganosa, e que iba a pórme en contacto coa OCU... así o fixen, e fai un par de días recibín por correo ordinario unha factura rectificativa mediante a que me devolven o que me cobraban de máis.


Su publicidad dice: "Con Vodafone Passport, habla en el extranjero como si estuvieras en España más 0.99€"... Resulta que una llamada que yo aquí pagaría a 0,03€ el minuto me la cobraron a 0,19€/min. Cuando reclamé, me contestaron que esa tarifa es del 101, con el que no se puede llamar desde el extranjero, que hay que usar el número "largo". Mi respuesta fue que en la hora en que llamé, a cualquier número que fuese, en España pagaría 0,34€ + IVA por la llamada, ya que tengo la tarifa 60 x 1 A Todos, a lo que habría que sumar 0,99€, y ellos me facturaban 2,46 +IVA. Otra vez me dijeron que no se podían aplicar tarifas reducidas y que estaba bien cobrado. De nuevo les respondí que eso no se corresponde con lo que publicitan, lo que es publicidad engañosa, y que iba a ponerme en contacto con la OCU... así lo hice, y hace un par de días recibí por correo ordinario una factura rectificativa mediante la que me devuelven lo que me habían cobrado en demasía.


Que a diferenza non cubre os gastos do correo e que non valía a pena reclamar...? Xa... pero houbese quedado a disgusto comigo mesmo sabendo que me había deixado enganar. Espero que a OCU lles esixa modificar a publicidade... ou que cobren con arreglo á mesma.


¿Que la diferencia no cubre los gastos del correo y que no valía la pena reclamar...? Ya... pero me habría quedado con mal sabor sabiendo que me había dejado engañar. Espero que la OCU les exija modificar la publicidad... o que cobren con arreglo a la misma.

martes, 19 de mayo de 2009

NORABOA!!!

Fai días deron na prensa a nova de que a Real Sociedade Española de Química outorgou o seu premio Nacional de Química Orgánica deste ano ó catedrático alaricano José Luis Mascareñas Cid polo seu labor investigador. Para darnos conta da importancia deste galardón, seica o último químico galego premiado pola RSEQ foi en 1985, na persona do profesor don Luis Castedo, que o foi do agora premiado.


Hace pocos días se publicó en la prensa la noticia de que la Real Sociedad Española de Química otorgó su premio Nacional de Química Orgánica de este año al catedrático alaricano José Luis Mascareñas Cid por su labor investigadora. Para darnos cuenta de la importancia deste galardón, el último químico gallego premiado por la RSEQ fue en 1985, en la persona del profesor don Luis Castedo, que lo fue del ahora premiado.


Poucas veces teño tido ocasión de intercambiar unhas verbas co homenaxeado, pero sí tiven o gusto de disfrutar varias veces da moi grata compañía do seu pai, xa falecido, na cafetería "A Fábrica", onde algunha vez me puxo ó tanto da labor investigadora do seu fillo en EEUU e da súa ilusión por traballar na Universidade de Santiago.


Pocas veces he tenido ocasión de intercambiar unas palabras con el homenajeado, pero sí tuve el gusto de disfrutar varias veces de la muy grata compañía de su padre, ya fallecido, en la cafetería "A Fábrica", donde alguna vez me habló de la labor investigadora de su hijo en EEUU y de su ilusión por trabajar en la Universidad de Santiago.


Alégrome moito de que se lle recoñeza o seu traballo, e dou a miña máis sincera noraboa a José Luis (anque el non lea este blog) e á súa nai, coa que xa falei. E un honor e un orgullo para el, para a familia e para toda Allariz que lle fose outorgada tal distinción.


Mucho me alegro de que se le reconozca su trabajo, y doy mi más sincera enhorabuena a José Luis (aunque él no lea este blog) y a su madre, con la que ya hablé. Es un honor y un orgullo para él, para su familia y para toda Allariz que le fuese otorgada tal distinción.

lunes, 4 de mayo de 2009

MUSEOS E SUXERENCIA

Así estaba eu de ben acompañado na homenaxe a dona Pilar Bouzas...

En "La Región" do pasado día 1, coa noticia da donación de cámaras e negativos de antes da guerra feita por Valentina Riesco, filla dun mestre que exerceu aquí por aquelas datas, ó Concello de Allariz, dise que este está traballando no proxecto dun museo adicado a Xosé Suárez.


En "La Región" del pasado día 1, con la noticia de la donación de cámaras y negativos de antes de la guerra hecha por Valentina Riesco, hija de un maestro que ejerció aquí por aquellas fechas, al Concello de Allariz, se dice que éste está trabajando en el proyecto de un museo dedicado a Xosé Suárez.


Alégrome moito desta nova. Fai moitos anos tiven ocasión de ver un libro con fotos tiradas por Xosé Suárez, coido lembrar que había unha serie tirada nos Andes e outra de flores no Xapón, que me impresionaron moi gratamente pola súa calidade.


Esta nueva me alegra muchísimo. Hace ya un montón de años tuve ocasión de ver un libro con fotos sacadas por José Suárez, me parece recordar que había una serie de los Andes, y otra de flores en Japón, que me impresionaron muy gratamente por su calidad.


Falando de museos, aproveito para lembrarlles ó Sr. Alcalde e corporación que habería que completar o museo do coiro co Museo do Calzado en base a que deica os anos sesenta en moitos pobos do concello e na mesma vila había obradoiros de zocas ou chancas, zapatóns de becerro... e ata sandalias e zapato fino. A partir dos anos sesenta a emigración foi baleirando os obradoiros e o campo de mao de obra e dos principais clientes deste tipo de calzado.


Hablando de museos, aprovecho para recordar al Sr. Alcalde y a su corporación que habría que completar el "Museo do Coiro" con el Museo do Calzado en base a que hasta los años sesenta en muchas aldeas del concello y en la villa había talleres de zocas o chancas, zapatones de becerro... e incluso sandalias y zapato fino. A partir de los sesenta la emigración fue vaciando los talleres y el campo de mano de obra y de los principales clientes de este tipo de calzado.