jueves, 26 de febrero de 2009

ESCAPADA A PORTUGAL (Y IV)




A miña irmá Rosa, coa que convivo, marchou de vacacións xunto co seu marido do 15 ó 24 actual. Xa tiñamos concertado ca irmá do medio e seu marido -Luci e Manolo- que quedaría con eles. Xa vos contarei por onde andivemos, pero agora vou terminar de contar a anterior viaxe a Portugal. Antes, un par de cousas sobre o hotel "Turismo do Minho", onde estivemos aloxados: Habitacións amplas, con terraza, e cuarto de baño adaptado para minusválido, anque debido a que non podo sentarme, non puden utilizar a bañeira , que era curta e alta, dotada dun portón pola parte frontal que permitía entrar nela sen ter que erguer os pés. Polo demáis, boa atención, limpeza e un almorzo variado e abundante.


Mi hermana Rosa, con la que convivo, marchó de vacaciones junto con su marido del 15 al 24 del presente mes. Ya teníamos concertado con otra hermana y su marido -Luci y Manolo- que quedaría con ellos. Ya os contaré por donde anduvimos, pero ahora voy terminar de contar el anterior viaje a Portugal. Antes, un par de cosas sobre el hotel "Turismo do Minho", donde estuvimos alojados: Habitaciones amplias, con terraza, y cuarto de baño adaptado para minusválidos, aunque debido a que no puedo sentarme, no pude utilizar la bañera , que era corta y alta, dotada de un portón por su parte frontal que permitía entrar en ella sin tener que levantar los piés. Por lo demás, buena atención, limpieza y un desayuno variado y abundante.



Como non funcionaba o transbordador de Caminha a A Guarda, regresamos pola Ponte d'Amizade e subimos ó monte Santa Tegra. Chuviscaba e facía frío, aparte de que alí non había nada accesible para min, polo que eu optei por non baixar do coche. O meu cuñado-que podedes ver nunha das fotos- sacou unhas fotos e foi parando para que eu vise algo dende o coche...



Como no funcionaba el transbordador de Caminha a A Guarda, regresamos por el Puente de la Amistad y subimos al monte Santa Tecla. Lloviznaba y hacía frío, aparte de que allí no había nada accesible para mi, por lo que opté por non bajar del coche. Mi cuñado -que podéis ver en una de las fotos- sacó unas fotografías y fue haciendo paradas a fin de que yo viese algo desde el coche...


Dalí fomos xantar a Arcade, e despois xa viñemos para a casa pola estrada de Pontevedra, a N-541

De allí fuimos hasta Arcade para comer, y luego ya regresamos para casa por la carretera de Pontevedra, la N-541

Fotos: Xacemento castrexo, reconstrucción de vivenda castrexa co meu cuñado na porta, e capela da Santa Tegra

martes, 24 de febrero de 2009

En memoria de Lolita Moreiras

Estando ausente entereime de que Lolita Moreiras, que coñezo dende fai un montón de anos, cando xunto co seu marido, Carlos Estévez -q. e. p. d.-, iba visitarme a Vilar de Flores, atopouse mal e en moi poucos días faleceu.

Esta nova deixoume conturbado e realmente mal. Lolita era unha muller sinxela pero elegante, moi animosa e xenerosa, que colaboraba con varias asociacións, entre elas "Aixiña", na que estaba no grupo de visitas. O seu óbito é unha grande perda para todos nós. Eu personalmente sinto moito o seu falecemento, e confío que o seu espíritu siga conosco e nos siga iluminando e axudando. O seu recordo perdurará entre nós. Que Deus a teña onde ela se merece.

Estando ausente me enteré de que Lolita Moreiras, a la que conocía desde hace un montón de años, cuando, junto con su marido, Carlos Estévez -q. e. p. d.-, iba a visitarme a Vilar de Flores, enfermó, y en muy pocos días falleció.

Esta nueva me dejó conturbado y realmente mal. Lolita era una mujer sencilla pero elegante, muy animosa y generosa, que colaboraba con varias asociaciones, entre ellas "Aixiña", en la que estaba en el grupo de visitas. Su óbito es una grave pérdida para todos nosotros. Personalmente siento mucho su fallecimiento, y confío que su espíritu siga con nosotros y nos siga iluminando y ayudando. Su recuerdo perdurará entre nosotros. Que Dios la tenga donde ella se merece.

sábado, 14 de febrero de 2009

ESCAPADA A PORTUGAL III


O 29 andivemos polo conxunto que forma a Fortaleza de Valença, con bonitos edificios e baixos adicados ó comercio. Tamén é curioso que demos unhas cantas voltas en busca duns obxectos de cobre que logo vimos na feira de Allariz a máis baixo prezo...


El 29 anduvimos por el conjunto que forma La Fortaleza de Valença, con bonitos edificios y bajos dedicados al comercio. También es curioso que después de dar unas cuantas vueltas en busca de unos objectos de cobre los vimos luego en la feria de Allariz a más bajo precio...

Aquí me tendes a min, lucindo o meu "impermeable" ó lado da miña irmá Luci onda un dos canóns que apuntan cara España.

Aquí me tenéis a mi, luciendo mi "impermeable" al lado de mi hermana Luci junto a uno de los cañones que apuntan hacia España.




Xantamos en Monçao, pero antes paramos en Lapela, cerquiña do Miño, de onde é a Torre defensiva da última foto (o canastro parece levado daquí; as difrenzas a un lado e outro da fronteira moitas veces apenas son perceptibles). Hai que darse conta que estamos na fronteira, i estas construccións de tipo defensivo abundaban ós dous lados. Chegamos deica Melgaço e visitamos o Castelo, do que quedan as murallas que me deixou gardando o meu cuñado encanto el subíu ó alto delas, e unha Torre semellante á de Lapela.

Comimos en Monçao, pero antes nos detuvimos en Lapela, al pie del Miño, de donde es la Torre defensiva de la última foto (el hórreo parece llevado de aquí; las diferencias a un lado y otro de la frontera muchas veces apenas son perceptibles). Hay que darse cuenta que estamos en la frontera, y estas construcciones de tipo defensivo abundaban en los dos lados. LLegamos hasta Melgaço y visitamos el Castillo, del que quedan las murallas que me dejó guardando mi cuñado mientras él subió a su cima, y una Torre semejante a la de Lapela.





jueves, 12 de febrero de 2009

ESCAPADA A PORTUGAL II


O día seguinte, é dicir, o 28, saímos con intención de ir a Viana do Castelo. Enfilamos a N13 (anque hai a posibilidade de ir por auto-estrada) e deseguida chegamos a Caminha, onde había mercado. Xa que non facía moi mal tempo, apeámonos e andivemos dando voltas para non mercar nada. Outra vez ó coche e a seguir a mesma N13 deica Viana.


Al día siguiente, es decir, el 28, salimos con intención de ir a Viana do Castelo. Enfilamos la N13 (aunque hay la posibilidad de ir por autovía) y enseguida llegamos a Caminha, donde había mercado. En vista de que no hacía muy mal tiempo, nos apeamos y anduvimos dando vueltas para no comprar nada. De nuevo al coche y a seguir la misma N13 hasta Viana.



O primeiro que fixemos foi subir ó monte Santa Luzia, pero según ibamos subindo a néboa volvíase máis pecha. No alto non se vía un burro a dous pasos, e houbo que pedir axuda ó vendedor de monecos para orientarse. Entramos ó Santuario de Santa Luzia, que ten unha fermosa escalinata de pedra, pero tamén unha funcional rampa de metal e madeira para o acceso de minusválidos. O Santuario é bonito por dentro e por fóra. Sacamos unhas fotos e baixamos. Chovendo, buscamos un restaurante onde xantamos a feixoada de mariscos e un bacallau asado. Todo moi bo.


Lo primero que hicimos fue subir al monte Santa Luzia, pero según íbamos subiendo la niebla se volvía más cerrada. En la cima no se veía un burro a dos pasos, y hubo que pedir ayuda al vendedor de muñecos para orientarse. Entramos al Santuario de Santa Luzia, que tiene una hermosa escalinata de piedra, pero también una funcional rampa de metal y madera para el acceso de minusválidos. El Santuario es bonito por dentro y por fuera. Sacamos unas fotos y bajamos. Lloviendo, buscamos un restaurante donde comimos una "feixoada de mariscos" y un bacalao asado. Todo muy rico.


Despois de xantar, e chovendo, fomos ver o "Gil Eannes", un vello buque hospital da flota bacallaeira reconvertido en albergue xuvenil, museo e sá de exposicións, pero non era accesible para minusválidos; outra vez subimos ó coche e buscamos o Museo Municipal, que eu tiña referenciado como accesible. Estivemos recorrendo a planta baixa e vendo, aparte doutras cousas, cerámica das distintas fábricas portuguesas, pedras funerarias, e como utilizaban antigamente as pedras como pesos (na pesca, na construcción, etc), pero cando quixemos subir á planta de arriba atopámonos que o elevador non era bastante amplo para min. Grazas á directora? que chamou a dous empregados que amablemente se ofreceron a axudar ó meu cuñado a subirme polas escaleiras, chegamos arriba. Alí admiramos bonitas pinturas, camas con dosel, pequenos mobles lacados da época colonial, etc., etc.
Cando saímos dalí, xa voltamos para a nosa base.


Después de comer, y lloviendo, fuimos a ver el "Gil Eannes", un viejo buque hospital de la flota bacaladera reconvertido en albergue juvenil, museo y sala de exposiciones, pero no era accesible para minusválidos; otra vez subimos al coche y buscamos el Museo Municipal, del que yo disponía de información de que era accesible. Estuvimos recorriendo la planta baja y viendo, entre otras cosas, cerámica de las distintas fábricas portuguesas, piedras funerarias, y como utilizaban antiguamente las piedras como pesos (en la pesca, en la construcción, etc), pero cuando quisimos subir a la planta superior nos encontramos que el ascensor no era bastante amplio para mi. Gracias a la directora? que llamó a dos empleados los cuales amablemente se brindaron a ayudar a mi cuñado a subirme por las escaleras. Allí admiramos bonitas pinturas, camas con dosel, pequeños muebles lacados de la época colonial, etc., etc.
Cuando salimos de allí, ya regresamos a nuestra base.

viernes, 6 de febrero de 2009

Escapada a Portugal




A estancia en Portugal foi máis unha aventura do que outra cousa: chuvia, néboa... ata nos perdemos en algún momento debido á miña incompetencia co GPS.

La estancia en Portugal fue más una aventura que otra cosa: lluvia, niebla... hasta nos perdimos en algún momento debido a mi incompetencia con el GPS.

Fomos por Tomiño, onde paramos a saudar a unha antiga amiga da miña irmá, camiño de A Guarda, onde xantamos no Paseo Marítimo -tan deserto coma os restaurantes que alí había-; como non paraba de chover, subimos ó coche e cruzamos o Miño pola ponte de Goián para ir ó hotel "Turismo do Minho", onde durmimos tres noites.

Fuimos por Tomiño, donde nos paramos a saludar a una antigua amiga de mi hermana, camino de A Guarda, en cuyo Paseo Marítimo comimos -tan desierto como los restaurantes que allí hay-; como no paraba de llover, subimos de nuevo al coche y cruzamos el Miño por el puente de Goián a fin de ir al hotel "Turismo do Minho", donde dormimos tres noches.




Despois de deixar a equipaxe na habitación, voltamos a subir ó coche e fomos un pouco á aventura. Indo en dirección a Monçao, meu cuñado viu un indicador para o Monte Faro, e seguíuno, pero logo vimos outro para "Mosteiro Sanfins", e acordamos ir a velo. Despois dun recorrido por unha estrada estreita, sempre subindo entre árbores e con choiva intermitente, chegamos onde se acababa a estrada e seguía un camiño de terra con regos feitos pola chuvia e algunha pedra descuberta. Anque xa se vía o mosteiro, eu aconsellei ó meu cuñado dar a volta, pois era un risco grande meter o coche por tal camiño. Non me fixo caso e seguíu; deseguida chegamos ó Mosteiro. Foron eles a explorar e dixeron que estaba en ruinas e que había escaleiras, polo que alargueille a miña cámara para que fixese unhas fotos antes de que se fixese noite de todo, que eu xa me contentaba con velas.

Despues de dejar el equipaje en la habitación, de nuevo subimos al coche y salimos un poco a la aventura. Cogimos dirección a Monçao, pronto vió mi cuñado un indicador para el Monte Faro, y lo siguió, pero luego vimos otro para el "Mosteiro Sanfins", y acordamos ir a verlo; despues de un recorrido por una carretera estrecha, siempre subiendo entre árboles y acompañados de la lluvia, llegamos al final de la carretera asfaltada que seguía por un camino de tierra con surcos
hechos por el agua y alguna piedra que sobresalía. En vista de esto, y a pesar de que ya se veía el monasterio, aconsejé a mi cuñado dar la vuelta, pues era un riesgo grande meter el coche por tal camino. No me hizo caso y siguió; enseguida llegamos al Monasterio. Fueron ellos a explorar y dijeron que estaba en ruinas y que había escaleras, por lo que le di mi cámara a fin de que hiciese unas fotos antes de que se hiciese noche del todo, que yo me contentaría con verlas.


Cando vin as fotos, decateime de que se trataba dunha igrexa e mosteiro románico, dunha gran beleza, e unha vez na casa busquei información sobre o mesmo en internet. O seu nome é Sanfins de Friestas. En días sucesivos contareivos algo máis das miñas andanzas por Portugal.

Cuando vi las fotos, me percaté de que se trataba de una iglesia y monasterio románico de gran belleza, y una vez en casa busqué información sobre el mismo en internet. Su nombre es Sanfins de Friestas. En días sucesivos os contaré algo más de mis andanzas por Portugal.






domingo, 25 de enero de 2009

Preparando unha viaxe








Foto: O que escribe con bastante máis pelo e menos anos ó lado da vella "pota", en O Pasaxe (A Guarda).






















Foto: De pe, Mini e outro compañeiro de "Fuxan os ventos", e Laura, de O Barco.
Tumbados: O meu amigo Xocas i eu ca miña primeira cadeira de rodas no colexio Virgen Milagrosa de BUEU.







A miña irmá Lucía, que vive en Burgos, danlle agora vacacións e, xunto co seu marido, ven disfrutalas comigo. Como en Vilar de Flores hai pouco en que pasalo tempo, i eu tiña ganas de ir dar unha volta por aí, i especialmente a A Guarda, collín unha habitación nun hotel, e o martes sairemos non sei si de viaxe de vacacións ou de aventuras, en vistas do tempo que fai. Para preparar a viaxe chamei a Información, no concello de A Guarda, onde me atendeu moi ben Rosalía, e deume noticias de "Pirucho"

Na década dos setenta, a Asociación "Auxilia" tivo varios anos as colonias de verán no antigo colexio dos Xesuítas, sito en O Pasaxe, a escasos 2 km de A Guarda e ó pé do río Miño. Daquela xuntabámonos xente de Lugo, Ourense e Pontevedra, polo que eran bastante numerosas. Os monitores eran rapaces e rapazas dos últimos cursos de Bacharelato, sempre rebuldeiros e animosos, que estaban dispostos a empuxar as nosas cadeiras (naquelas datas ningún tiña cadeira eléctrica) despois de axudar na cociña, facer as camas, limpar, lavar, etc.

Un ano, coido que para organizarse, xa que á hora de saír, pola tarde, non era raro que faltase algún monitor, puxeron unha pizarra no claustro para que os minusválidos que quixesen saír escribisen o seu nome e a onde querían ir. Eu, que estaba en plan rebelde (aquel ano, excepcionalmente, coido que tiñamos 3 curas) díxenlle a un monitor que puxese no encerado "BARRA AMERICANA" e, debaixo, o meu nome; deseguida, outros dous nomes apareceron xunto ó meu. O cura de Vigo tiña unha furgoneta que usaba para as compras da cociña e algún outro servizo. Un monitor pedíulle que nos levase, e dixo que el só nos levaba deica A Guarda. Saímos á media tarde, deseguida entramos nun bar, pedimos unha baralla, unhas luras fritas e unha botella de viño para facer tempo, xa que tiñamos a cea encargada. Cando nos pareceu fomos ó mesón, onde quedaramos co chófer e dono do autobús ("Pirucho") que nos levaba de excursión, un home sempre disposto a botar unha man coas cadeiras de rodas. El e a súa dona acompañáronnos na cea, e despois de rematar, despedímonos deles e aínda fomos tomar algo a unha discoteca na que estabamos invitados un día da semana, e da que só recordo que tiña un nome exótico e unha longa escalinata de acceso.

De "barra americana", nada de nada; pero os demáis compañeiros non o sabían, e máis de ún anduvo uns días facéndonos preguntas capciosas.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

A mi hermana Lucía, que vive en Burgos, le dan ahora vacaciones y, en compañía de su marido, vendrá a disfrutarlas conmigo. Como en Vilar de Flores no hay mucho con quien pasar el rato, y yo tengo ganas de ir a dar una vuelta por ahí, especialmente a A Guarda, reservé una habitación en un hotel, y el martes saldremos, no sé si de viaje de vacaciones o de aventuras, a la vista del tempo que disfrutamos. Para preparar este viaje llamé a Información, en el ayuntamiento de A Guarda, donde me atendió muy bien Rosalía, y me dió noticias de "Pirucho"

En la década de los setenta, la Asociación "Auxilia" tuvo varios años las colonias de verano en el antiguo colegio de los jesuítas, sito en O Pasaxe, a escasos 2 km de A Guarda, a orillas del río Miño. En aquella época nos juntábamos gente de Lugo, Ourense y Pontevedra, por lo que eran bastante numerosas. Los monitores eran chicos y chicas de los últimos cursos de Bachillerato, siempre bulliciosos y animosos, que estaban dispuestos a empujar nuestras sillas (en aquellas fechas ninguno de nosotros tenía silla de motor) después de ayudar en la cocina, hacer camas, limpiar, lavar, etc.

Un año, me imagino que para organizarse, ya que a la hora de salir, por la tarde, no era raro que faltase algún monitor, pusieron una pizarra en el claustro para que los minusválidos que quisieran salir escribiesen su nombre y a donde querían ir. Yo, que estaba en plan rebelde (aquel año, excepcionalmente, creo que teníamos 3 curas) le dije a un monitor que pusiera en el encerado "BARRA AMERICANA" y, debajo, mi nombre; pronto aparecieron otros dos junto al mío. El cura de Vigo tenía una furgoneta que usaba para el aprovisionamiento y algún otro servicio. Un monitor le pidió que nos llevase, y respondió que sólo nos llevaba hasta A Guarda. Salimos a media tarde, a continuación entramos en un bar, pedimos una baraja, unos calamares fritos y una botella de vino para hacer tiempo, puesto que teníamos la cena encargada. Cuando nos pareció bien fuimos al mesón, donde habíamos quedado con el chófer y dueño del autobús ("Pirucho") que nos llevaba de excursión, siempre dispuesto a echar una mano con las sillas de ruedas. El y su mujer nos acompañaron en la cena; al terminar nos despedimos de ellos y todavía fuimos tomar algo a una discoteca en la que estábamos invitados un día determinado de la semana, y de la que sólo recuerdo que tenía un nombre exótico y una larga escalinata para acceder a ella.

De "barra americana", nada de nada; pero los demás compañeros no lo sabían, y más de uno estuvo unos días haciéndonos preguntas capciosas.

viernes, 23 de enero de 2009

Gobernar desde la oposición

Parece mentira como cambian as cousas vistas dende a oposición! Diríase que os nosos

políticos teñen máis claridade de ideas, que están máis ó "loro", que son máis eficaces

cando están na oposición...


Aí temos o caso do voto emigrante. O PP gobernou ben anos aquí i en Madrid, pero

non foi quen de cambiar o voto do emigrante anque llelo pedise a oposición máis dunha

vez. Oposición que ó estar no goberno xa se esquece dese e doutros temas, aínda que

por unanimidade llelo pidan dende o Parlamento de Galicia, por que será? Agora, dende

a oposición, o PP conseguíu que polo menos os emigrantes teñan que acompañar ó

voto a fotocopia do DNI ou do pasaporte
, o que tampouco é moita garantía.

Os emigrantes españois ou os seus descendentes que teñan a nacionalidade española, que é dos

que estou a falar, xa que teñen dereito ó voto, tamén deberían ter a garantía de que o seu voto é

personal, libre e secreto. E para esto habería que implantar o voto en urna. E para certos casos, o

voto por correo con garantías semellantes a cando se emite aquí, e cicáis o voto electrónico, que

tamén sería útil para outros colectivos, como é o dos mariñeiros que están embarcados.

------------------------------------------------------------------------------------------------

Parece mentira como cambian las cosas vistas desde la oposición! Diríase que nuestros

políticos tienen más claridad de ideas, que están más al "loro", que son máis eficientes

cuando ejercen desde la oposición...



Ahí tenemos el caso del voto emigrante. El PP estuvo largos años en el gobierno, tanto aquí como

en Madrid, pero no fue capaz de cambiar el voto emigrante aunque se lo pidiese la oposición más

de una vez. Oposición que al estar en el gobierno ya se olvida de este y de otros temas, aunque se

lo pidan por unanimidad se lo pidan desde el Parlamento de Galicia, ¿por qué será? Ahora, desde

la oposición, el PP conseguió que por lo menos los emigrantes tengan que acompañar al voto la

fotocopia del DNI o del pasaporte
, lo que tampoco es mucha garantía.



Los emigrantes españoles o sus descendientes que tengan la nacionalidad española, que es a

quienes me refiero, puesto que tienen derecho a votar, también deberían tener la garantía de

que su voto es personal, libre y secreto. Y para esto habría que implantar el voto en urna. Y para

ciertos casos, el voto por correo con garantías similares al que se ejerce en España, y tal vez el

voto electrónico, que también sería útil para otros colectivos, como es de los marineros que están

embarcados.